![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

23/06/2012 O 7 de xullo de 2012 celébrase en Compostela a Asemblea Nacional Constituínte da Mocidade Irmandiña, co obxectivo de reforzar a organización da mocidade do Encontro Irmandiño como ferramenta – non como fin en si mesmo – para a consecución da soberanía nacional e social do noso pobo, para procurar un sistema máis xusto, igualitario, participativo, respectuoso coas características nacionais dos pobos e coa vontade de traballar a prol do progreso social e non de chuchar da política en beneficio propio.

20/06/2012 Beiras, en consonancia coa Coordinadora de Asembleas do NPC, fai un chamamento a participar neste proceso aberto.
09/06/2012 Hoxe acabamos de saber do acordo dun rescate por 100.000 millóns de euros do que aínda se descoñece os novos recortes que o acompañan pero do que xa sabemos que os cartos son para os banqueiros e a débeda para o Estado. Para os gobernantes e os banqueiros son so cifras que aos cidadáns do común nos marean pero se reparamos en que do que están levando os banqueiros, os recortes na sanidade son só unha faragulla, poderemos comprender a magnitude do espolio e as consecuencias. Unha faragulla para os banqueiros pero que axiña se transformará en sufrimento, enfermidade e mortes. Onde está a Fiscalía Xeral do Estado?
16/05/2012 ... afirmamos que son as asembleas, onde cada persoa ten un voto, o mellor espazo para dialogar e acordar, aínda desde puntos de partida diferentes, o que nos une que non é outra cousa que a defensa da nosa nación e dos dereitos e benestar da súa cidadanía.
12/05/2012 En ningún momento estando presente o Encontro Irmandiño se fixou ningunha data para que este foro se pronunciase cun manifesto en ningún sentido a respecto do proceso de construción da nova forza política. Os contactos non deben interferir no proceso de construción que debe ser de abaixo cara arriba para facer algo novo, participado e útil sen caer en vellos modos e erros doutras forzas que ven como a cidadanía lles viran as costas.
11/05/2012 O Encontro Irmandiño saúda fraternalmente e celebra as iniciativas xurdidas da sociedade civil encamiñadas a conter e reverter os brutais ataques aos intereses das clases populares perpetrados polo goberno de Mariano Rajoy baixo os ditados da troika composta pola Comisión europea, o BCE e máis o FMI e apoia plenamente a mobilización convocada polo movemento 15M para o vindeiro sábado 12 de maio.
30/04/2012 No grupo de traballo de Mocidade do EI consideramos que o resultado do proceso será o que se decida asembleariamente de abaixo cara arriba, tentando confluír nun programa estratéxico de emancipación nacional e social que aglutine as súas distintas lecturas.
21/04/2012 O Encontro Irmandiño está por un novo referente para a sociedade galega, nacionalista e co centro de gravedade na esquerda, así é como a vemos nós, queremos contrastala con todas e todos aqueles nacionalistas que estexan pola súa construción

12/04/2012 O Encontro Irmandiño fai un chamamento a sociedade galega para que acuda a concentración que o domingo 15 ás 12 da mañá ten convocada a Plataforma para a defensa das Fragas do Eume, fronte ao concello da Capela.

01/04/2012 O Encontro Irmandiño súmase ás concentracións convocadas para este luns ás 20.30h. e manifestamos a nosa tristura e indignación pola catástrofe ambiental que está a acontecer nas Fragas do Eume e denunciamos que as miserentas políticas ambientais e forestais da Xunta, unidas a indecentes e escuros intereses tan económicos coma ideolóxicos, teñen consecuencias nefastas para o País.
27/03/2012 Un paso máis na intención de desmantelar o tecido teatral galego desde o goberno da Xunta de Galicia que se suma ao estrangulamento económico. A Axencia Galega das Industrias Culturais adebeda ao sector das artes escénicas 1,2 millóns de euros.
18/03/2012 Reproducimos polo seu interese e claridade a entrevista que concedeu Beiras a TeleVigo o día 1 de marzo, sobre o desenlace da saída do BNG e o novo Proxecto Común do Nacionalismo.
09/03/2012 O Pobo galego non debe ficar indiferente ante esta ofensiva do capitalismo financeiro na súa fasquía máis reaccionaria dos gobernos do PP, polo que todas e todos debemos participar activamente en todas as mobilizacións, incluída a anunciada greve xeral.

04/03/2012 Dende o Encontro Irmandiño animamos á cidadanía galega a apoiar e facer súa a manifestación que, convocada pola Asociación Monte Pindo Parque Natural, terá lugar o vindeiro 14 de abril entre O Ézaro e as egrexias abas graníticas do Pindo, patrimonio natural, cultural e histórico de todas as galegas e de todos os galegos.

03/03/2012 ... polo de agora, o nacionalismo foi derrotado no seu combate por impedir esas agresións e resolver eses problemas cardinais. Fomos derrotad@s. Comprirá analisarmos por qué, para rearmármonos con novo instrumental máis eficiente e reformularmos certeiramente tanto a estratexia de combate como a metodoloxía de traballo para a nosa prática social e política. Para darmos cabo, como povo, do espólio da nosa nación.
16/02/2012 A Coordinadora Nacional do Encontro Irmandiño reunida onte mércores para decidir sobre a aplicación dos acordos da Asemblea celebrada o pasado domingo día 12 de febreiro, deliberou e acordou sobre a situación dos Concellos nos que se comparte grupo municipal e o inicio dos contactos e métodos para a converxencia con todas aquelas persoa e grupos que estean polo novo referente político do nacionalismo.
14/02/2012 A Coordinadora Nacional do Encontro Irmandiño reúnese mañá mércores para decidir sobre a aplicación dos acordos da Asemblea celebrada o pasado domingo día 12 de febreiro, nomeadamente sobre o a situación dos Concellos nos que se comparte grupo municipal e o inicio dos contactos e métodos para a converxencia con todas aquelas persoa e grupos que estean polo novo referente político do nacionalismo.
12/02/2012 O resultado da XIII Asemblea do BNG fai inverosímil a rexeneración dende dentro como casa común de todas as xentes nacionalistas. Construír conxuntamente con todas aquelas persoas que estean a prol dunha nova organización política, unha fronte ampla nacionalista, plural e co centro de gravidade na esquerda.
07/02/2012 O Encontro Irmandiño quere escoitar a opinión dos nacionalistas que estean a prol dun novo proxecto común e decidir. A Asemblea Nacional do Encontro Irmandiño terá lugar o domingo día 12 ás 16 horas no Palacio de Congresos de Galiza en San Lázaro -Santiago de Compostela.
03/02/2012 A Coordinadora do Encontro Irmandiño acordou convocar a Asemblea Extraordinaria para o próximo 12 de Febreiro co fin de avaliar se se cumpren, ou non, as condicións previstas nas teses do “Novo proxecto común, pola refundación e rexeneración do BNG” para ese fin. A asemblea será aberta ás persoas que estean por un novo proxecto común.
30/01/2012 Queremos felicitar a todas e todos aqueles que xunto con nós, coa nosa razón, e de todo corazón, participaron masivamente na asemblea nacional do BNG, a primeira sen delegados dende 2006. Un exemplo de empuxe de base que estivo a piques de gañar dando como resultado un BNG que nunca máis volverá ser o mesmo pase o que pase.
19/01/2012 Acordúse impulsar unha candidatura conxunta, inclusiva e aberta a aquelas persoas e grupos políticos ou de base que apoien unha alternativa a prol dun “novo proxecto común para a rexeneración e refundación do BNG” reflectido nas nosas teses conxuntas. A candidatura conxunta ao Consello Nacional será encabezada por Xosé Manuel Beiras Torrado. A persoa que optará a candidato do BNG á Xunta de Galicia será Carlos Aymerich Cano.
14/01/2012 Queremos facer público tamén o noso compromiso de que, se os avatares deste proceso levasen a que non houbese unha única lista que propugne a refundación do BNG, daremos o noso apoio á lista mais votada na segunda volta para garantir ao máximo as posibilidades e evitar que a UPG e o seu candidato teñan unha maioría que lles permita seguir nesta liña actual que leva o BNG á súa extinción.
13/01/2012 Diante da celebración nestes días das Asembleas Comarcais do BNG, facemos un chamamento á participación de todos e todas os/as afiliados/as do BNG. O BNG debe recuperar a súa capacidade de debate e entendemento ao marxe das ambicións persoais ou de grupo.

16/12/2011 Queremos recuperar o BNG como casa común e abrir as súas fiestras diante dos debates que poñen enriba da mesa, de xeito interesado, nomes, tellados ou posicións persoais innegociables. Non estamos aquí para un troco de cromos.

13/12/2011 Para convencer a cidadanía da utilidade do BNG como ferramenta de transformación antes temos que convencernos nós e o lugar para facelo será na vindeira Asemblea Nacional de finais de xaneiro.Cómpre priorizar a recuperación da casa común e a necesidade de abrir as súas fiestras diante dos debates que poñen enriba da mesa durante estas semanas, de xeito interesado, nomes, tellados ou posicións persoais innegociables.
10/12/2011 Por parte do EI facemos o posíbel para que a información veraz flúa de xeito plural e contrastada a todas aquelas persoas interesadas no que pasa no BNG, porque consideramos que debemos abrirnos á sociedade á que nos debemos. Porque o secretismo só favorece aos que prefiren o escurantismo e o control da información interna para impedir os intercambios de opinión entre todas e todos nós para que nada cambie no BNG.

04/12/2011 “Se o Bloque non se refunda, se renova e abre as portas, o país terá que construír un novo movemento” “A asemblea de xaneiro será determinante”

03/12/2011 Nesta entrevista, o alcalde de Teo e membro dos irmandiños chama ao Bloque a recuperar o papel de "casa común da esquerda e do nacionalismo" e fala daquela polémica "dieta de cloro e unto".
29/11/2011 É responsabilidade do Encontro Irmandiño e de Mais Galiza garantir unha Asemblea limpa e na que todos e todas podamos participar en pé de igualdade.