![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI
16/01/2012 Cando aló polo ano 2000 decidiu no seu Comité Central inducir reformas no BNG que levasen a concentrar a capacidade de decisión nas comarcas e non nas localidades como viña acontecendo ate daquela -e que segundo os estatutos son as organizacións básicas da vida do BNG-, adicándose posteriormente teimudamente ao seu control colocando na administración frontista a persoas afíns, a UPG estaba preparando un campo de manobras á súa medida que lle permitise dende 20 instancias controlar toda unha organización territorial que abarca hoxe case os 315 concellos do País. Algo que é ben patente hoxe nesta fase preasemblear.
10/01/2012 Vai chegando o día e zoan comentarios e historias diversas, nós seguimos coa nosa teima de aportar ao debate preasemblear un aquel de información e siso nos posicionamentos, nas propostas e mesmo nas actitudes nesta santa casa do BNG.
05/01/2012 ... Á UPG, que tanto anda a argumentar que os que falamos ante a sociedade facemos dano aos BNG, parece que tamén lle fai dano que se fale dentro do BNG sen filtros nin ruído que perturben a escoita e a decisión soberana da militancia.
29/12/2011 “A refundación, a constitución dunha unidade nacionalista incluínte, non remata no acto de clausura dunha asemblea nacional exitosa. A refundación é unha andaina a continuar inmediatamente despois abrindo un proceso de inclusión que incorpore a todos os grupos e sectores sociais que asuman os principios políticos da fronte.”
25/12/2011 Vemos nos comentarios que nos enviades unha grande dose de escepticismo e moitas veces unha proxección no futuro que ten a ver máis con ese estado de ánimo, e co que sempre aconteceu, que cos dados novos desta XIII Asemblea Nacional do BNG.
21/12/2011 Terédesnos lido ou ouvido moitas veces que queremos refundar o BNG, que é fundamental devolver o BNG á militancia e rescatalo do “secuestro” ao que o ten sometido a burocracia e os políticos profesionais da UPG. Como primeira cuestión e para garantir o asemblearismo do BNG que está nos seus Principios Organizativos queremos que fique ben claro que o da representación directa non terá unha doada marcha atrás se non é cunha vontade maioritaria cualificada (non como cando se instaurou o réxime de delegados que foi practicamente ao 50/50):
18/12/2011 Avánzase algo en abrir a AN? Debúxase unha fronte para rescatar ao BNG do secuestro da UPG? Será posíbel a refundación?
16/12/2011 O Encontro propón que ...para facilitar a participación de todas e todos en pé de igualdade e independentemente de que pertenzan ou non a un colectivo organizado. Neste sentido estabelecerase que para todos os procesos de eleccións non será preciso presentar unha lista completa, sendo suficiente un número igual ou maior ao 10% dos postos a cubrir.
14/12/2011 Cumprindo co noso compromiso de contribuír ao coñecemento do que pase nesta importante XIII Asemblea do BNG. Dado que andan versións curiosas polos medios sobre dun tema que sendo importante non é o primeiro que preocupa ao Encontro mais si parece que o fai á opinión pública, imos falar hoxe do método de elección da Executiva do BNG e do seu Portavoz e do Candidato á Presidencia da Xunta.
10/12/2011 Por parte do EI facemos o posíbel para que a información veraz flúa de xeito plural e contrastada a todas aquelas persoas interesadas no que pasa no BNG, porque consideramos que debemos abrirnos á sociedade á que nos debemos. Porque o secretismo só favorece aos que prefiren o escurantismo e o control da información interna para impedir os intercambios de opinión entre todas e todos nós para que nada cambie no BNG.