X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
martes, 20 de outubro de 2026

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
DO ENCONTRO información

“Eu son partidario dunha confluencia, pero unha confluencia de cidadáns conscientes nas asembleas de abaixo cara arriba”

Beiras chama a participar na Asemblea Constituínte do NPC

“Estamos ante a fin dun ciclo político e non podemos repetir vellas fórmulas partidistas ou de acordos polas cúpulas.”

20/06/2012

 


Beiras, en consonancia coa Coordinadora de Asembleas do NPC, fai un chamamento a participar neste proceso aberto.


Beiras manifestou hoxe o seu profundo respecto e o do Encontro Irmandiño polo proceso que están a levar as persoas que están a traballar, como el mesmo, nas asembleas a prol do Novo Proxecto Común e explicou que o seu silencio até hoxe e do noso partido foi para visualizar a non interferencia nun “proceso que se ten que dar entre cidadáns de abaixo cara arriba”.


O Portavoz do EI fixo seu o manifesto asinado polas Asembleas reunidas en Coordinadora o pasado día 16 que decidiron convocar una Asemblea Nacional Constituínte para a nova formación política o vindeiro 14 de xullo, un proceso de portas abertas e para o que a Coordinadora fixo un duplo chamamento aos continxentes de persoas sen militancia previa que queiran participar e tamén aos grupos que estean a prol disto para que insten a participar ás súas militancias respectivas no proceso de base das asembleas.


"Eu son partidario da confluencia de todos e todas os que din estar a prol do novo proxecto común, pero se non queremos repetir vellas historias debe ser unha confluencia de cidadáns de abaixo cara arriba." Reiterou que unha cousa é falar entre as forzas políticas como sempre defendeu o EI para eliminar obstáculos e limar dificultades e outra é substituír con acordos de cúpulas o que ten que ser un proceso de base.


"Estamos ante a fin dun ciclo político e non podemos repetir vellas fórmulas partidistas ou de acordos polas cúpulas."


Tras unha demorada análise do que deu en cualificar como a fin dun ciclo político no Estado Español e de crise do sistema mundo, especialmente convulso na UE, que fai necesario que sexan os cidadáns conscientes quen asuman o seu rol para atopar novas fórmulas cara unha nova creba democrática que remate coa segunda restauración borbónica e co continuo deterioro dos valores e institucións democráticas que cada vez representan menos á cidadanía. "Nunca foi mais xusto ese berro do 15 M de Non nos representan".


"Eu son partidario dunha confluencia, pero unha confluencia de cidadáns conscientes nas asembleas de abaixo cara arriba"


Ante esta situación non se poden repetir as vellas fórmulas partidistas, nin os directorios que amañan todo polas cúpulas e logo propoñen formulacións feitas aos cidadáns exercendo de partidos guía ou tractores, no canto de deixar ese papel á cidadanía consciente. Por iso o seu apoio e o do EI ao proceso asembleario que rematará o 14 de xullo coa constitución na Asemblea Nacional Constituínte dese novo suxeito político que a sociedade galega demanda..


Finalmente, e ante as preguntas de xornalistas presentes, Beiras considerou que, polo que percibe nas asembleas, a partires do día 14 de xuño a nova forza política estará en condicións de encarar os procesos electorais vindeiros.

voltar arriba

comentarios:


nome:
enderezo electrónico:
comentario:


Envía o teu comentario

Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...

Manoel

28/06/2012 Hai un xeito de participar, non sei aínda até onde, na web http://www.asembleasnacionalistas.org/

Parra

25/06/2012 Suscribo o dito por Juan, os que vivimos este proceso desde lonxe xeográficamente énos moi complicado e costoso acudir persoalmente ás asembleas, non sempre nos é posible acudir e sería moi interesante dispor dalgún medio tecnolóxico que nos permitira seguilas desde a distancia e incluso dalgún xeito podermos participar. Tamén suscribo o dito por Manoel; animo á xente de +G a participar, xa que é a única forma que temos de confrontar ideas desde as bases xuntos, e non me cabe a menor dúbida de que o que a cidadanía galega agarda con esperanza e ilusión é un proxecto-movemento de amplo espectro social, que defenda ás maiorias, con clara vocación de alternativa real de goberno. O minifundismo na oferta nacionalista de esquerdas será percibido cono un grande fracaso. Hemos apostar por elo.

Manoel

22/06/2012 A min gustaríame que as persoas de +G e quen teña algo que propoñer que non tiveran medo en participar e discutir as súas propostas nas asembeas. Si non nos reunimos todos/as nun sitio como imos chegar a acordos. Sexan máis ou sexan menos non deberían ter medo. O importante son as ideas e compre ter en conta as de todos

juan bautista miguez

21/06/2012 Eu xa estou no NPC do Val Miñor , mais xa teño comentado seria bo pode sumarse a asemblea do 14 de xullo por medio das novas tecnoloxias pois logo non todos temos disponibilidade de estar ali ,hostaleria e comercio no veran ,complexo. Mais como sexa imonos sumar. SAUDE E TERRA

Antom Fente

20/06/2012 Nom podo mais que concordar com todo o exposto por Beiras, sentidinho, audácia e lucidez que é o que a Galiza e a esquerda galega precisam. Avante com o novo referente político!

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal