X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
martes, 20 de outubro de 2026

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
DO ENCONTRO comunicacións

COMUNICADO DE PRENSA

Asemblea Nacional do Encontro Imandiño o domingo 12 de febreiro

03/02/2012

 

Reunida a Coordinadora do Encontro Irmandiño para avaliar o proceso e resultado da XIII Asemblea Nacional do BNG da pasada fin de semana, acordou facer público o que segue:

1º. Felicitar a todas e todos aqueles que xunto con nós participamos masivamente coa nosa razón, e de todo corazón, na asemblea do BNG, a primeira sen delegados dende 2006, nun exemplo de empuxe de base que deu como resultado un BNG que nunca máis volverá ser o mesmo pase o que pase.

Considerar que unha vez rematada esta XIII Asemblea do BNG e cos resultados xa coñecidos dun auténtico empate técnico entre os que pretendemos nunha fronte plural e recuperación do espírito fundacional de cooperación e irmandade nas relacións internas do BNG e os que pretenden máis do mesmo para seguir a manter a situación actual de dominio da UPG, require do todos nós, irmandiños ou non, unha reflexión seria sobre a situación resultante e sobre o camiño a tomar.

2º. Convocar a Asemblea Extraordinaria do EI para o próximo 12 de Febreiro co fin de avaliar se se cumpren, ou non, as condicións previstas nas teses do “Novo proxecto común, pola refundación e rexeneración do BNG” para ese fin.

Todo isto en cumprimento do acordado na nosa III Asemblea celebrada hai agora xustamente un ano, a respecto do proceso de rexeneración do BNG e do rol do EI a prol do mesmo.

Galiza 03/02/12

voltar arriba

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal