![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI
29/11/2011
A anterior Asemblea nacional de 2009 outorgou ao Encontro Irmandiño e +Galiza unha maioría no Consello Nacional, que escasas veces se materializou, pero ante o uso sectario que está a facer a UPG do aparato administrativo do BNG debemos exercela para garantir unha asemblea na que toda a militancia poda falar en liberdade e igualdade de condicións do que realmente interesa á sociedade.
Feitos como a manipulación por parte do Gabinete de Prensa do BNG ou o control dos censos por persoas afectas á UPG esixen de todos nós unha acción contundente.
O Encontro propuxo na pasado Consello do día 26 unha xestora para conducir o BNG até a Asemblea e garantir a imparcialidade do aparato. Non foi posíbel porque non exercemos a maioría que temos xuntos, agora podemos facelo constituíndo unha equipa de persoas nomeadas polo Consello Nacional para pilotar os traballos previos da Asemblea retirando estas funcións a unha Executiva maioritaria da UPG que está demostrando día a día a falla de respecto ás máis elementais regras internas de funcionamento democrático.
É responsabilidade do Encontro Irmandiño e de Mais Galiza garantir unha Asemblea limpa e na que todos e todas podamos participar en pé de igualdade.