![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI
09/10/2011
No pasado Consello Nacional do día 10 de setembro o Encontro Irmandiño achegou ao BNG unha proposta parcial de Programa nos aspectos relativos ás estratexias necesarias nunha política económica a favor das clases sociais desposuídas pola crise provocada pola especulación do capital financeiro.
Pedímoslle ao BNG un programa de corte “rupturista” e valente.
Os graves atentados contra os dereitos democráticos e o cativo estado de benestar conseguido en décadas de loitas cívicas estanse indo polo vertedoiro da submisión á ditadura financeira en poucos meses.
Para frear esta sangría e mobilizar á cidadanía na defensa dos seus intereses e dos colectivos de Galiza é preciso falar claro e propoñer accións políticas e programáticas para estas elección do 20-N que apunten directamente ao cerne dos problemas e non a fenómenos de acompañamento.
Quen non vai estar de acordo por exemplo en facer unha “Auditoría da débeda pública e recuperación do aportado para salvar aos banqueiros.”? ou de facer unha “Regulación. Imposición/taxación e control estritos dos mercados, intermediarios e fluxos financeiros e movementos de capitais, con especial rigor no tocante ás operacións especulativas.”?
Galiza 15/09/11
Como xa comentamos no Consello Nacional último do día 10/09/11, é preciso ir ao fondo do que está a pasar e dicir claramente á cidadanía que non queda outra que esixir un proceso constituínte autenticamente democrático para nós e as outras nacións do Estado porque o PP e PSOE ao constitucionalizar a ditadura neoliberal, veñen de romper o consenso constitucional -dos que participaron nel evidentemente-, pero abren unha situación política que permite poñer un valor as posicións rupturistas dos que non participáramos del como é o caso do nacionalismo galego.
Valen todas as propostas das liñas básicas para o programa electoral, ás que so engadiríamos como explicación o que xa dixo o BNG hai perto de 20 anos sobre o Tratado de Maastricht, os acordos da IX Asemblea Nacional respecto do neoliberalismo e a mundialización, a soberanía alimentar por suposto, dicindo o que todas e todos sabemos e que a cidadanía está a sufrir como retallos sociais, paro e exclusión das graves decisións que se están a tomar polo poder sobre o seu futuro.
Hai que falar do modelo de estado dende unha posición republicana e soberanista galega; Estado social de dereito e economía social de mercado; democracia participativa e control democrático do poder; da sustentabilidade socio-ambiental; a Europa social dos pobos e tamén da introdución na Constitución da neutralidade activa do Estado.
Hai que falar na nosa opinión de 'CREBA DEMOCRÁTICA' e propoñer avanzar con garantías efectivas nos dereitos da cidadanía e do carácter público de bens e servizos básicos.
Propoñemos a inclusión de argumentos como os citados e ao inicio nun preámbulo de liñas estratéxicas básicas as que seguen, debidamente matizado e explicado, pero con contundencia de: