X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
martes, 20 de outubro de 2026

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
CRóNICAS PREASEMBLEARIAS

Crónicas preasembleares VI

Xa comezamos coas manobras!

Podes deixar o teu comentario e tamén descargar a Tese do EI para a AN do BNG

29/12/2011

 

Tese do EI para a AN do BNG

Como ben sabedes para o Encontro a posibilidade de que o BNG se converta nese referente político que a sociedade galega precisa con urxencia pasa por unha auténtica refundación por iso falamos nas nosas teses dela como un proceso:


“A refundación, a constitución dunha unidade nacionalista incluínte, non remata

no acto de clausura dunha asemblea nacional exitosa. A refundación é unha

andaina a continuar inmediatamente despois abrindo un proceso de inclusión

que incorpore a todos os grupos e sectores sociais que asuman os principios

políticos da fronte.”


Para nós unha fonte principal de militancia para esa refundación e apertura á sociedade son os militantes, homes e mulleres nacionalistas que deixaron, ou lles fixeron deixar, o BNG anoxados ou excluídos por políticas sectarias que a UPG levou a cabo para conquerir maiorías mecánicas para afortalar o seu control na organización. Poderíamos poñer como exemplo as movidas de censos previas á elección das listas das municipais nas cidades en 2010.


Cando tras a baixada de votos nas municipais se creou unha comisión para ver que era o que lle pasa ao BNG chegáramos á conclusión de que era preciso un proceso de rexeneración que permitise a reafiliación e a integración de moitos nacionalistas que estaban fora da fronte.


Hoxe, en pleno proceso preasemblear estamos vendo que hai comarcas nas que non se están dando altas a antigos militantes do BNG -algúns deles dados de baixa pola propia organización é dicir por vontade máis ou menos lexítima do BNG pero en contra dos interesados-, aos que agora para reafiliarse, e poder asistir á asemblea e poder participar na rexeneración do BNG, estáselles pedindo que paguen cotas como militantes do BNG -desde que o propio BNG os puxo fóra-, en moitos casos dende preto de dous anos supoñendo unhas cantidades imposíbeis de pagar por moito interese que teñas en asistir.


Isto é un incumprimento grave do acordado para posibilitar a reintegración de efectivos excluídos, á vez que é un mal sinal de que tipo de apertura á sociedade pode facer un BNG controlado pola UPG.


Se somos incapaces de abrirnos a quen foron compañeiros ate ben pouco que imos facer cos demais?

voltar arriba

comentarios:


nome:
enderezo electrónico:
comentario:


Envía o teu comentario

Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...

Militante

04/01/2012 A ver si de unha vez por todas en esta asamblea facemoslle ver a UPG ,que non somos afiliados se non militantes, Ou todos dentro ou todos fora pero non meta e meta

María Lois

31/12/2011 Os que estamos fóra agardando polo EI deberíamos ir dentro botarlle unha man para gañar a batalla no BNG. Aos impacentes que están a agardar polo EI sen facer nada eu diríalles que comecen a facer algo fóra así o EI poderá aportar o seu caudal a algo máis que a nacionalistas espectantes. Eu xa me apuntei ao BNG e non tiven problemas se cadra porque son nova na afiliacióne on estou baixo sospeita.

Manolo

31/12/2011 O problema é quen decide quen debe e quen non debe, porque no sempre coinciden as contas, e os que quedan fora son sempre dun lado. O acordado é que poidan participar todos os que se afilien de novo pagando dende setembro e a cota da asemblea. Os militantes teñen que ter as cotas ao día pero non pode ser que se lle pida a unha persoa que leva "botada", non marchada voluntariamente, que pague as cotas dos meses que non foi miitante. E iso é o que está a contecer. En calquera caso é así, con esas burocratadas como pensa a UPG manter o control do BNG? Esa é a pregunta de verdade.

Xanc

31/12/2011 Pedir que alguén pague o que debe é excluír? Eu síntome cada vez máis próximo a EI mais demonizar deste xeito á UPG é, case, gratuito. De tódolos xeitos, adiante EI (dentro ou fóra do BNG, aínda que mellor dentro).

derradeira batalla

31/12/2011 Pero vaise dar a derradeira batalla, iso decidiu o EI nas asembleas do encontro, abertas a toda persoa que quixese participar, tamén, por suposto, de fóra do BNG.

grave

31/12/2011 O grave parece que e que a U non estea soa xa no BNG. Esperamos polo Encontro fora, pero non eternamente...

xose manuel

30/12/2011 Aqui escribimos o que pensamos, xente que está no BNG e xente que xa non cree no BNG , probas xa temos moitas e moi graves , do que sucede no BNG e por encima do BNG está GALIZA . Saude e Terra

Sobre cousas graves

30/12/2011 O grave é o que está a suceder cos censos, en especial as cafradas na organización Galiza Nova. É de patriotas galegos, precisamente, denunciar que uns cantos se están a apropiar da organización que é de TOD@S!!!

Rafa

30/12/2011 Os partidos políticos integrados por xente máis ou menos normal tratan de mimar aos seus afíns ideolóxicos como se lles fora a vida nelo, e desa base quasi-sagrada pásase a atraer electores de todo o espectro social. Pero no BNG temos superavit de "controladores aereos" con moito tempo libre para recibir consignas e mangonear polas asambles fan todo o contrario: queimar terreo propio e coidar que non volva a crecer a herba. Imponse coma unha tarefa xa se supervivencia facer que volva a ser unha forza normal, un BLOQUE, máis non unha pedrada na crisma dos que non orbiten ao redor do fouciño amartelado en espiral sobre si mesmos.

Xurxo Allegue Freire

30/12/2011 Como militante do BNG párecenme moi grave as cousas que se están a verter ,sen fundamento nin probas, sobre a organización nesta bitácora, se o que se pretende é facer o maior dano posibel ao BNG estádelo facendo de cine.

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal