![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI
21/12/2011
Imos ver se tras o “agobio” do Consello Nacional podemos falar un pouco de teses, non?
Terédesnos lido ou ouvido moitas veces que queremos refundar o BNG, que é fundamental devolver o BNG á militancia e rescatalo do “secuestro” ao que o ten sometido a burocracia e os políticos profesionais da UPG.
Como primeira cuestión e para garantir o asemblearismo do BNG que está nos seus Principios Organizativos queremos que fique ben claro que o da representación directa non terá unha doada marcha atrás se non é cunha vontade maioritaria cualificada (non como cando se instaurou o réxime de delegados que foi practicamente ao 50/50):
Supresión do sistema de delegados/as que so poderá ser modificado no futuro por unha maioría cualificada de 2/3 dos membros do BNG.
Ollade as outras teses, quen o propón abertamente é o EI e máis o MGS.
Como segunda cuestión propoñemos que feito o esforzo de entendemento (ou non) na Asemblea Nacional e unha vez decidida a composición do Consello Nacional e da Executiva (que sabedes no Consello do 17 todos coincidimos en que esta sexa proporcional ao resultado directo da votación para o Consello na Asemblea "A Executiva Nacional integrarase por representantes das candidaturas ao Consello Nacional en proporción pura aos resultados obtidos.” para evitar o que viña acontecendo que coa designación de representantes dos partidos, de Galiza Nova, e sobre todo das comarcas, desvirtuábase a composición inicial e reforzaba a quen tivese a maioría dándolle un plus que non lle outorgara a Asemblea.
Isto sería contraditorio con que a Asemblea sexa de novo sen delegados. Por certo logro este que non sería posíbel sen a teimosía do EI.
Nós consideramos que é necesaria a presenza dos representantes elixidos en diferido para estar no Consello Nacional pero entendemos que a súa presenza non debe modificar a proporción resultante da Asemblea e é por iso que propoñemos tamén extensíbel ao resto das asembleas territoriais:
Todo o poder para a Asemblea Nacional. Dar máis peso político aos membros do CN elixidos na Asemblea Nacional. Todos os representantes de partidos, organizacións e colectivos, e representantes Comarcais serán membros do CN con voz e sen voto para non alterar a representación directa da Asemblea Nacional.
Os representantes de designación para os consellos locais e comarcais participarán con voz pero sen voto para non alterar a representación directa das asembleas correspondentes.
Todo o poder para a Asemblea!!!
(A seguir...)
Envía o teu comentario
Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...
25/12/2011 Agora estamos nun momento historico para o nacionalismo galego. Ista é unha loita dos progresistas contra os conservadores da UPG e cia. Os conservadores xa están todos unidos, se os progresistas non somos capaces de xuntarnos agora cal é a alternativa?¿Marchar do BNG a facer cada un o seu partido? por un lado o EI por outro +G e por outro os independentes? ¿outros 3 chiringuitos mais?. Polo que a min respecta, se nada cambia despois da Asamblea marcharei, pero marcharei despois de telo intentado. Non me resigno!. É o momento de que os que tendes a sarten polo mango sexades xenerosos e vos esquenzades de vellos rencores porque, sinceramente, á maior parte da militancia non nos importan. Non nos esquenzamos de que o motivo polo que estamos todos aqui é para facerlle un servicio ó noso pais e non montar ningún chiringuito para satisfacer ós nosos egos. Como xa dixeron, hai futuro dentro e fora, pero se cada un vai polo seu lado non vamos a facer nada. O futuro temos que construilo entre todos.
24/12/2011 Polo que se palpa no ambiente nas comarcas e se reflexa nos comentarios parece difícil atopar unha solución. A base social xenuina do BNG (e a propia militancia) decántase entre o marchar deste Bloque ou o a ver se o damos recuperado que paga a pena. O EI atópase nunha posición chave e precisa, máis que nunca, frialdade nos razoamentos sen perder a quentura do corazón. Non deixarse levar só polos desexos persoais (e non me refiro a intereses coma os que poidan ter xente de +G, senón aos desexos sinceiros de amañar as cousas e do que queremos) e saber escoitarse mutuamente para, chegado o momento, saber decidir. Non están tan lonxe esas dúas almas da base social do nacionalismo, porque as que queren recuperar o BNG tampouco queren este bng e saberían abandonalo se non se recuperar. Como dixo o Beiras: "hai futuro, dentro ou fóra, pero hai futuro". Teno que haber.
24/12/2011 Antia pareceme mui ben todo o que opinas , xa que no fondo o que non queren recoñocer é que as formas de facer politica teñen que cambiar , mais participacion , a todas/os os cidadans , pero xa vemos que en vez de ir a unha asemblea nacional e debatir sobre como se ten que cambiar as formas de facer politica , rexenerando o BNG, cara a conquerir a nosa soberania , dende o ermanamento e a xenerosidade( como dice o imno ) polo contrario parece ser que alguns pensan que sacate ti que me poño eo , a xa está todo arranxado , a politica ten que servir para transformar a socidade ( como din os estatutos ) sobre todo empezando polas eleccions nos concellos , abertas e feitas cos cidadans e polo tanto consensuadas , e asi mesmo coa participacion nos plenos do concello etc., pero polo visto moitos non se enteran, e desta vez a xente do pobo non os entendeu . Saude e Terra
24/12/2011 Vaivos quedar tempo para ver as teses, para comprobar os censos, para animar á xente a apuntarse para ir á Asemblea entre turrón e turrón?
24/12/2011 Comparto maioritariamente as opinións de XL e a de Xosé, é sobre o que comenta Xosé, ten toda a razón, se no BNG hai catro "correntes" aparte dos militantes independentes, se vos fixades ben, só hai unha que xa ten candidato a Presidencia da Xunta e mais a Portavoz Nacional. Se non se decatan de que a enfermidade do BNG e de mais gravidade que unha simple operación estetica, se creen que con cambiar o cartace do candidato, ou cambiar de cromo na portavocía xa esta todo resolto, estes de + Galiza non se enteraron, igual que a UPG, de que Galiza necesita un proxecto propio, republicano, soberanista é que poña enriba da mesa a defensa dos intereses comúns dos cidadáns. Galiza está farta de organizacións politicas nas que prevalecen os intereses partidistas ou persoais, organizacións nas que a base militante ou simpatizante non conta maís que para a pegada de cartaces, organizacións politicas que se participas nunha localidade con maioria de algunha das correntes maioritarias, xa te estan "puteando" ´apartando e menospreciando, difamando etc, etc. e tan só por que teñen a maioria nesa localidade. Compañeiros do EI, vos decidiredes que facer, se seguir neste "bng" desnortado ,agonizante e expoliado a cidadania ou pola contra abrir novas canles de esperanza politica ao pobo galego. Saúde.
23/12/2011 Agora aculuar forças para dentro ou fora servir a Galiza e sair do mito de Sísifo em que o nacionalismo se topa. Viva o Encontro Irmandinho! Viva o EI!
23/12/2011 A militancia do EI o que quere é pactar con +G e os independentes para ir nunha candidatura conxunta a plantarlle cara á UPG na asamblea. Os que decides que iso no é así é porque non fostedes a ningunha das reunións que se fixeron últimamente do EI. Que vos pasa ós da UPG ¿é que tedes medo?
23/12/2011 Escoitade á militancia do EI que, unha e outra volta, insiste que non hai vontade política de contribuir á diversidade na unidade. Non hai perpectiva dunha rexeneración coidando na aproximación con +Galiza. Arrimaránse á UPG para obter candidato á Xunta ou outro sitio de participación, excluínte do EI. É urxente preparar un plan B pois a situación non amerita que se poda recuperar o BNG dos 90. Os métodos da UPG coa eliminación de militantes por mor de supostas faltas de pago e outras prácticas pre e asemblearias dan máis crédito á ideia de moitos de montar outra cousa. Para iso aprobóuse ser partido político. Non ter medo. Defender os principios básicos do nacionalismo galego e optar por berrar forte ¡Viva Galiza ceive!
22/12/2011 Con toda a sinceridade dun actual militante do Bloque e de +G. XL non sei donde ves ti as grandes diferencias partidarias e ideoloxicas que hai entre Encontro Irmandiño e +G, eu dende logo non vexo ningunha á que non este disposto a renunciar para chegar a un acordo entre nos e ir á Asamblea a plantarlle cara á UPG. ¿Como vamos a recuperar o espiritu dos 90 se non vamos todos da man? A refundación non é outra cousa que gañar na próxima Asamblea, e para eso a única esperanza é unha candidatura única con Beiras , Camilo, Carlos, Martiño… na mesma foto. Ese é o paso adiante histórico que temos que dar os progresistas do nacionalismo Galego, en lugar de andar mirando puntos e comas. Do contrario non temos nada que facer e moitos pasaremos a ser ex militantes coma ti. Pido, por favor, altura de miras a uns e a outros. Ese é o mandato das bases.
22/12/2011 Con toda a sinceridade dun actual militante do Bloque e de +G. XL non sei donde ves ti as grandes diferencias partidarias e ideoloxicas que hai entre Encontro Irmandiño e +G, eu dende logo non vexo ningunha á que non este disposto a renunciar para chegar a un acordo entre nos e ir á Asamblea a plantarlle cara á UPG. ¿Como vamos a recuperar o espiritu dos 90 se non vamos todos da man? A refundación non é outra cousa que gañar na próxima Asamblea, e para eso a única esperanza é unha candidatura única con Beiras , Camilo, Carlos, Martiño… na mesma foto. Ese é o paso adiante histórico que temos que dar os progresistas do nacionalismo Galego, en lugar de andar mirando puntos e comas. Do contrario non temos nada que facer e moitos pasaremos a ser ex militantes coma ti. Pido, por favor, altura de miras a uns e a outros. Ese é o mandato das bases.
22/12/2011 É un deseño de fronte ASEMBLEARIA correcto e coherente. Van atacarvos dicindo que rompedes o frontismo pero isto que propoñedes é un modelo frontista plural e asembleario en toda regra, un modelo onde poder convivir e onde a asemblea ten todo o poder, sen por iso deixar de ter presenza os colectivos organizados e os niveis territoriais da organización. Sodes valentes e coherentes: todo o meu apoio.
21/12/2011 Con toda a sinceridade dun ex-militante do BNG, non dou un peso polos de + Galiza. Detecto que se depositan excesivas esperanzas no suposto bo talante democrático destes e permitídeme que o poña en dúbida cos precedentes que hai tras ver a práctica destes. Lembrade senon a conformación da anterior executiva na AN ou o que lle pasou a xente de Nigrán. A UPG é nefasta para a pluralidade dentro do BNG pero +Galiza non a vexo para contribuir a riqueza da diversidade é o respecto organico no BNG, Opino que aspira a cooptar e competir no Bloque coa UPG ao EI só o vai insturmentalizar para os seus lexitimmos (ser hexemónicos) pero tamén espureos intereses partidarios e ideolóxicos que non se aproximan aos nosos e en nada van a beneficiar a esa rexeneración que moitos agardamos. Recuperar aquel BNG dos 90 é imprescindíbel para salvar a este páis da dramatica situación na que se atopa pero senón é posible haberá que montar outra cousa. Moita xente agarda por vos. Ainda se pode, queda ainda musculo e enerxía ánimo EI ...... Un saúdo do Val MIñor.