![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI
06/03/2012
8 de Marzo de 2012, Día Internacional das Mulleres
“FEMINISTAS GALEGAS EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!! FEMINISMO MÁIS QUE NUNCA”
A Marcha Mundial das Mulleres fronte a estafa que chaman crise económica, xunto con gobernos que lexislan contra os dereitos acadados polas mulleres e que afianzan o machismo e a desigualdade, chama a participar na campaña conxunta das feministas galegas 'Mulleres en loita polos nosos dereitos' que se desenvolverá nas localidades con numerosos actos previos ao 8 de Marzo, a celebración do propio 8 de Marzo e a preparación da mobilización nacional do día 11 de Marzo.
E ante a necesidade da mobilización social para loitar nestos momentos contra os recortes de dereitos que estamos a sufrir, especialmente duros no caso das mulleres, participamos na Campaña do 8 de Marzo xunto con outros colectivos, que rematará cunha grande Manifestación Nacional en Compostela o domingo 11 de Marzo ás 12h desde a Estación de Tren.
Ademáis queremos achegar, como cada ano, as nosas reivindicacións a través dunha campaña propia que reforce a campaña conxunta do movemento feminista de cara a este 11 de Marzo que quere pór no foco de atención da cidadanía as reivindicacións dos nosos dereitos e a necesidade de loitar contra os recortes que precarizan as nosas vidas. Baixo o chamamento de 'Mobilicémonos' chamamos ás mulleres e homes da Galiza a espallar entre o conxunto da cidadaía as reivindicacións do movemento feminista, nomeadamente entre a xente máis nova.
Frenemos o avance do machismo e a desigualdade coa unidade, a loita e a solidaridade!!.