![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI
29/04/2011

A Fundación Pedrón de Ouro otorgou o premio homónimo á sindicalista galega, Lidia Senra, na edición deste ano pola súa traxectoria a favor da defensa e promoción da cutura galega.
Pero nesta 48 edición tamén foron designados como Pedrón de Honra os profesores da Universidade de Granada Andrés Pociña e Aurora López, polas súas iniciativas en favor da lingua e cultura galegas, sobre todo no que a traballos sobre obra e pensamento de Rosalía de Castro se refire.
Senra iniciou moi novo nas loitas e o sindicalismo agrario a través dos Comités de Apoio á Loita Agraria e da cota do leite. Tamén é importante destacar que, desde 1989 a 2007, foi secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego e membro executiva da Coordinadora Labrega Europea, así como tamén representante de Europa na Comisión Internacional de Mulleres da Vía Campesiña.
E, desde a Fundación, tamén destacan que co seu recoñecemento quérese "visibilizar e valorar o traballo colectivo das mulleres".
Pola súa banda, dos outros galardoados, Andrés Pociña e Aurora López, é importante destacar as súas obras Rosalía de Castro, Documentación biográfica e bibliográfica crítica (1937 -1990), unha edición crítica de Cantares Galegos, Rosalía de Castro. Estudos sobre a vida e a obra ou Conversas con Maruxa Villanueva.
Pociña é catedrático da Filoloxía Latina e López é profesora titular da mesma materia na Universidade de Granada.
Desde a Fundación Pedrón de Ouro explican que o Premio Pedrón de Ouro concédese a unha "personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que máis destacou na defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional ao longo do ano ou nunha traxectoria vital".
Pola súa banda, o Premio Pedrón de Honra entrégase a residentes foráneos "que destacasen coas súas achegas ao engrandecimiento da nación e da cultura".
Envía o teu comentario
Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...