![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI
26/11/2011
Que Galiza siga tendo representación en Madrid foi valorado moi positivamente por todas e todos os que se expresaron hoxe na reunión do Consello Nacional mais aquí rematan as coincidencias. A excepción da UPG e o portavoz nacional, todas e todos coincidiron en valorar como negativo que o BNG perdese perto de 30,000 votos sen ser quen de recoller parte do descenso electoral do PSOE.
Respecto do voto de confianza anunciado con anterioridade polo portavoz nacional, finalmente foi retirado polo propio Guillerme Vázquez despois de que o Encontro Irmandiño o cualificase de farsa e anunciase que para ese caso abandonaría a sala.
Por último a Executiva non atendeu á petición de dimisión e constitución dunha xestora como propuxo Tereixa Taboas e reclamou o Encontro Irmandiño.
No que si coincidiron todas as intervencións aínda que dende diferentes ópticas foi en valorar critica a situación do BNG e en que a AN pode ser a ultima oportunidade de o refundar.