![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI
Este espazo na rede é a extensión dunha nosa vontade de abrir portas e canles de comunicación entre as xentes preocupadas, ou que simplemente teñen algo que dicir nalgures, sobre a situacións socio-politica do País, do Mundo, sobre o que está a acontecer...
17/10/2011
Despois de percorrer as rúas de Monforte por "un cambio global" este sábado, 15 de outubro, quedáronnos unha serie de impresións sobre o que está acontecer.
Esta é a visión dende o interior galego, agardamos polos vosos comentarios sobre outras mobilizacións do 15 de outubro neste Punto de Encontro do Encontro Irmandiño.
Manifestación 15 Outubro. Santiago de Compostela. from Mon on Vimeo.
Envía o teu comentario
Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...
30/01/2012 Ola irmandiñas, eu tiven a sorte de asistir á manifestación 15-O en Compostela. Comparto en grande medidas as vosas reflexións, e visto o ocorrido na ultima asemblea de BNG vexo cada vez mais necesario que a masa critica galega se una para formar un novo proxecto político, con ansias de cambiar realmente as cousas e sen dogmatismos nacionalistas. Un proxecto político que non estea controlado por ningún aparato, onde a xente que tivo militancia no nacionalismo organizado se una a esa corrente de indignados e o faga de igual a igual. Non unha organización política controlada por unha elite de ex-BNG's cabreados. A xente reclama unha nova cultura política, e o BNG non está á altura das circunstancias. Pero ha aprender co tempo (espero) se non quere morrer no esquecemento. Saúdos
06/11/2011 Pois, vídeos de Compostela, no blogue da Acampada SCQ, aquí: http://www.acampadascq.info/
01/11/2011 Sabedes onde se poden consultar máis videos? Eu cando era o Prestige era moi pequena vivo esto e a xente non está moito pola política, vós como o vedes?
18/10/2011 A min pareceume o mesmo na Coruña, había tempo que non me sentía tan acompañada nunha manifa,...parecía do Prestige!
17/10/2011 Eu tirei as mesmas conclusións de Compostela